miércoles, 26 de febrero de 2014

Os maiores plaxios do Rock Galego :)

Ei Carballeiras! que ninguén se nos enfade, esta é unha entrada cunha pequena dose de humor e temos ben claro que os nosotros artistas non plaxian a ninguén, máis agora que chega o entroido gustounos buscar disfraces nos que encaixarían á perfección algún dos nosos, e similitudes ou influenzas recibidas de bandas alén das nosas fronteiras.

Así que ben, unha vez calmada a sede de sangue dos fans e bandas...

MARTELO VS RAGE AGAINST THE MACHINE.

Non van a poder negar os Martelo unha salvaxe influenza de Tom Morello e os seus, riffs pesados con baterías contundentes acompañados dunha voz aguda escondida en efectos radio entre o discurso falado, rap e consignas repetitivas.
Ahí vai unha mostra:


                                        RATM - Bulls on Parade




                                MARTELO - Regulación de Plantilla



O LEO I ARREMECAGHONÁ VS ALBERT PLÁ

Subversivos, disfrazados, entre a canción e o relato, alucinóxenos, musicalmente incorrectos... É o Leo o noso Albert Plá?






                                          ALBERT PLÁ - Ciego




                            O LEO I ARREMECAGHONA- Soy Tu perra


RUXE-RUXE VS BARRICADA

Non hai aquí unha constante en toda a discografía, pero si que escoitando os últimos temas dos Ruxe vemos un gran aire, máis Vituco non poderá negar unha proximidade vocal a "El Drogas".
Que vos parece?



                                   RUXE-RUXE - A terceira Guerra



                                    BARRICADA - Blanco y negro



ARRHYTHMIA VS SUGARLESS 

Como van a poder negar os "arritmia" a similutide entre "máis, máis dame máis" e "más, dame más gas"??


                                          ARRHYTHMIA - Diñeiro



                                          SUGARLESS - Más Gas


DAKIDARRÍA VS SKA-P


Pouco que comentar non? Letras, voces, ventos, teclados, ritmos...



                                          DAKIDARRIA - Mil berros
                                          SKA-P - Niño Soldado



ZENZAR vs SINKOPE

Non vos recorda a voz do Bocixa á do cantante de Sínkope?




ZENZAR- Chove



                                      SINKOPE - En tarros de Miel




Vaia de novo por diante que esto está feito con todo o agarimo e respeito ós nosos artistas, por favor ninguén ofendido!
Veña agora tócavos a vós, máis similitudes??


Facebook Galegueando
Twitter Galegueando

lunes, 24 de febrero de 2014

Premios Galegueando Mellor Videoclip Musica en Galego 2013-2014



Si, xa sabemos que estes premios non existen e que teñen a mesma validez que a túa opinión pero como escribir é gratis e tras a "curiosa" nominación do clip de Piti Sanz por "Canto de Sierna" como mellor videoclip dos Mestre Mateo vou a elaborar una pequena lista dos meus favoritos, que non teñen porque ser os teus pero para iso temos un recadro de comentarios ahí embaixo :)

O primeiro imos a ver o clip nominado ós Mestre Mateo de Piti Sanz:



E agora imos ver unha escolma recente de videos que a min me gustan bastante máis. Ollo, non estou a criticar as decisións do xurado porque probablemente a maioría dos videos que poña nin se teñan presentado aos Mestre Mateo, son tan só... Os nosos Premios Galegueando



                                          MACHINA.  O Odio.

Ben poderíamos ter escollido este ou tamén "Acción-Reacción", dous petardazos da mellor banda de metal en galego. Os Machina si foron nominados.

 
 
 
 
NAO- Nova Poesía II
 
Sen ser a miña canción favorita dos Nao non cabe dúbida de que o videoclip é espectacular, e iste si nos consta que se presentou aos M.Mateo sen acadar nominación...
 
 
 
 
 
 NAJLA SHAMI- Negra Sombra
 
Que mellor o día do aniversario de Rosalía que recordar esta delicada xoia?
 
 
 
 ARRHYTHMIA- Diñeiro
 
Pra min o auténtico "Hit" do ano pasado, videoclip que se ve con poucos recursos pero moi digno para semellante temazo.
 (por certo, é un logro escribir o nome dos de Lugo sen trabucarse!)
 
 
 
Liviao do Marrao - Narcocorrido Ribeirao
 
Se ben non son eu un gran fan desta banda (falo dende o descoñecemento) ben pode entrar este videoclipe divertido dentro desta escolma.
 
 
TERBUTALINA- Fai Sol
 
Non é unha xoia, non se ven grandes alardes pero refrexa todo o descaro desta banda. Temazo.
 
 
 
 
RUXE RUXE - Contra todo.
 
Promete esta vertente tralleira dos Ruxe, desexándo ver o novo traballo, estaremos na Capitol.
 
 


                                      VICKY POLARD - Sem Saida

 
 
 
      Xunto cos Arrhythmia outra das bandas da nova xeración que máis promete, moi digno videoclip para un bombazo.


                                        

SOM DO GALPOM - A piques de estoupar

 


 Mellor canción que videoclip para o meu gusto, pero non podía faltar a Galiña de Troia.
 
DAKIDARRIA - Terra
 

     Bonita historia para un himno, disfrutádeo


   Cabe dicir que non destacan por desgraza as nosas bandas polo xeral e salvando excepcións por ter grandes videoclipes, sen dúbida non por falla de talento senón probablemente por falla de presuposto, inda asi gostamos de que adornen as súas cancións con imaxes.

A pesares destas faltas de presuposto... Colocaríades algún por detrás do clip de Piti Sanz?. Propoñede novos clips e poderemos editar a entrada si nos molan :)

Facebook Galegueando

Twitter Galegueando


domingo, 23 de febrero de 2014

Terbutalina "A muerte" , que nos pillen confesados...


Din que o bó cando breve, dúas veces bó. Esta premisa que a podería acuñar o mesmísimo Joey Ramone parece acompañar aos Terbutalina en cada un dos seus discos.

Cancións de minuto e medio sen espacio para grandes pretensións musicais pero cunha intensidade e unha sensación de tensar a corda en cada compás que incapacita as nosas pernas para deixar de moverse ao ritmo de batería máis mítica da historia do punk.


Creo que Terbutalina teñen un par de guerras gañadas dentro do Rock Galego que parte dunha sensación de que lla suda todo.

Súdalla ter uns arreglos curradísimos, súdalla non voltar ao monopolío melódico lírico-agrícola que parece achegar a todas as bandas de rock fresco e divertido galego a imitar en vestimenta, actitude e música aos Heredeiros da Crus, a Terbutalina súdalla todo iso, si, son frescos e divertidos, e si, poden chegar a ser tan horteras sobre o esceario coma os de Ribeira pero nada máis lonxe da realidade, Terbutalina van doutro pao, mellor ou peor, pero diferente.

Particularmente despois de ter escoitado este último traballo unhas cantas veces e sen poñerme a desgranar cada canción individualmente creo que a Terbutalina se lles pode resumir con tres palabras sen alonxarse moito da realidade: intensidade, honestidad e chulería.

O baixo e batería son unha locomotora que non para, as súas notas sempre teñen a mesma duración e velocidade: a toda hostia, nin unha concesión, nin un arreglo de sobra, contrapúa e bombo-caixa, maquinaria simple pero efectiva nunha banda de punk.

As guitarras que van ao par dos teclados adícanse a encher de colchóns sonoros á parte ritmica que sen dúbida é quen manda nesta banda, ritmos simples, ritmos serbios.


Pra min, e quizáis aquí ides flipar, o que lle da o plus á Terbutalina son as voces, se o miras obxetivamente non estamos ante un gran cantante, non é un privilexiado vocal, pero a min é o que me engancha, melodías líricas pegadizas cantadas cun dexe entre chulería e deixadez que dan a identidade, iso é Terbutalina.


Sen máis e pra non aburrir ahí vos queda o que sen dúbida será o hit do disco.





"E perdes o bus e escúpeche unha baldosa. Eu tamén escupiría se me pisaran todo o día. E chegas tarde á clase e suspendes un exame e por riba é jueves e tes que salir. QUE BONITA ESTÁ POLAS NOITES COMPOSTELA! QUE BONITA ESTÁ... TODOS VOMITANDO NELA! Xa é viernes e tes que baixar e pides un préstamo ao banco familiar e que che manden pasta, que che manden cartos que se non solo vas comer pasta requente!"


Síguenos en https://twitter.com/galegueando

viernes, 14 de febrero de 2014

Concursos musicais, publicidade ou axuda ás bandas?

Dende a proliferación de internet e as redes sociais como ferramentas para o espallamento de cultura en xeral cada un busca os métodos para facer chegar o seu producto o máis lonxe posible, ate eiquí todo normal.

Ímonos centrar na parcela que da título a esta entrada, ¿estan os concursos que organizan festivais ou salas de concertos encamiñados á axuda de bandas noveis, a publicitar os seus eventos ou ámbalas dúas cousas?.


Probablemente na maioría dos casos a resposta adecuada é a terceira, as bandas intentan loitar por formar parte dun cartel con grandes bandas e a repercusión que da gañar un concurso, pero... que gañan os festivais?:

PUBLICIDADE GRATIS, publicidade gratis a niveis industrais, centos ou milleiros de bandas "spameando" e enchendo as redes sociais de peticións de votos sempre co logo do festival previo "gustame" á páxina do evento, e hoxe en día non hai nada mellor que unha gran repercusion nas redes sociais para obter o éxito.

Eu creo que quen máis gañan sempre son os organizadores dos eventos, deixádeme xulgar os métodos:

As votacións en internet apestan, apestan porque non son concursos de talento nin orixinalidade senón unhas cribas de bandas que compiten por ver quen ten máis amigos na rede, caeseme a cara vendo bandas "reputadas" mendigando votos na internet coma se o seu recoñecemento dependese dese puto concurso.

Por outra parte, eu vin auténticos linchamentos públicos a bandas gañadoras de concursos por parte das bandas non "agraciadas" ou que lle pregunten ás expertas gañaconcursos, as boirenses Agoraphobia, que tras gañar un pase para tocar no Festival Sonrias foron linchadas do xeito máis machista posible na rede, colegas... a MUSICA NON É UNHA COMPETICIÓN.




E inda me queda unha contra que comentar, no 80% dos festivais ós que eu acudin a banda gañadora do concurso é infravalorada e colocada a horas lamentables e en ocasións sen cobrar un peso, ou que lle pregunten a algún gañador do Derrame Rock, o que é tocar ás 15:00 para ninguén e gratis.

En definitiva, creo que os Festivais usan ás bandas noveis para acadar repercusión e non devolven os "favores" do mesmo xeito, claro que coma sempre hai excepcións.

E ti, que pensas dos concursos de música?.


Síguenos en https://twitter.com/galegueando

martes, 11 de febrero de 2014

O rock en galego naceu e morreu no Xabarín?

Sabes que non, sábelo ti que reparaches nestre blogue e máis seino eu, pero ¿e pra o resto de mortais que cren que o rock/pop/rap/funk/... en galego naceu e morreo no Xabarín?.

Pois pra eles custa máis darlle un play a unha banda na lingua de Castelao que a unha na lingua de Shakespeare, "porque aquí no se hace nada guay", "la música en gallego es de gañanes", "solo hay gaitas"...

O bravú marcou, é certo, inda hoxe é sinxelo levantar unha pedra e ver bandas influidas ata o perfil de twitter polos "Heredeiros da Crus", sen dúbida a banda rock máis influinte do noso país para os que viñeron despois. Sí, son habituais na nosa música rock as letras de coña, nas que cantas máis veces din "cona", "carallo", "puta" e "esgarro" mellor e máis autóctono e enxebre se sinte, pero... ti pensas que todo rematou ahí?. Non fodas.

Estamos nunha xeración que para min supera en calidade e cantidade á dorada xeración bravú, e que "Rastreros" e "Diplomáticos" me perdoen. Deixádeme que vos conveza con algún exemplo:




Vexo bandas e máis bandas, bandas con moitísima persoalidade, bandas serias e traballadas, que sería dos "Nao", "Machina" ou "Som do Galmpom" usando outro idioma?. Calidade a esgalla, contestatarios, cada un na súa vertente pero ao pé do canón e co galego por diante, abride os oídos:


                                          Machina "O odio"



Andan xuntiños coma namorados por outro rego bandas que buscan (inda que nunca recoñecerán buscar nada) un son moito máis vintage, con algo de paiasería... pero ai! amigo, sábenche o que fan, divírtense e saben divertir, se non viches en directo a "Terbutalina" ou "A Familia Caamagno" non sabes o que é gastar ben 5 pavos. Brincade un anaco cos de Sigüeiro que ós de Muros xa os teredes ata na sopa.


                                            Familia Caamagno "Perdoa"



Hai unhas bandiñas de xente que está a sair que me teñen intrigado... De onde a xente coma "Vicky Polard" ou "Arrhythmia" se lle deu por mezclar riffs machacóns de clara verba anglosaxona co galego?. Eu non tiven oportunidade de velos en directo e é probable que carezan de "táboas" pero férveme por ver por onde van a conducir a sua música estas dúas bandas, esto é novo colega!!





                                          Arrhythmia "Diñeiro". 


                                          Vicky Polard "Sem Saida"
                   


Sei que me deixo un cento de bandas, pero tanto me ten, non é o próposito enumerar, haberá máis entradas, só quero ver que hai alén destas letras e saber que carallo pensades, de si si ou senón, de si sodes dos que pensades que o galego na música está pra "Xil Ríos" e "Ana Kiro" (dios nola teña na gloria) ou tedes idea de que vai o negocio por aqui.





Si hai algo que lle teñamos que agradecer ós nosos músicos é a loita pola pervivencia da lingua, moitas veces de xeito inconsciente, pero está ahí, ¿quen nega que únicas as palabras que un rapaz de cidade de 12 anos nos 90 pronunciaba viñan da man de "Dragon Ball" e a banda de melenud@s que cuspían crítica en galego na TVG entre bocadillos de chourizo?. Grazas a todos vós, músicos, que ledes agora a este aprendiz de comunicador que se atreve a vos xulgar.



Síguenos en https://twitter.com/galegueando